
Historia do Casino
O Casino Ateneo é a sociedade máis antiga de Monforte de Lemos, xa que iniciou a súa andadura no primeiro tercio do século XIX, concretamente no ano 1835. Se ben, a súa traxectoria estivo marcada por numerosas fusións e rupturas, así como diversas denominacións e sedes. Dende 1899, a sede do Circo Monforte, antiga denominación, ubicouse na rúa Cardenal e algunhas das súas actividades culturáis de maior repercusión era o baile de máscaras ou a escola de música que daba servicio a numerosos monfortinos.
En 1916, xurde a posibilidade de fusionarse con outra sociedade para dar lugar o Casino Tertulia, e que de igual xeito ubicaríase na rúa Cardenal. Esta etapa vai vir marcada por unha actividade cultural de gran repercusión o contar con importantes personalidades do momento nos seus ciclos de conferencias. Algunhas destas personalidades eran ilustres como; Peña Novo, Noguerol, Risco, Castelao e Quintanilla.
No ano 1933 o Casino Tertulia, enfréntase a unha escisión provocada pola diferencia de opinións en torno a xestión do centro cultural nacendo, deste xeito, o Casino Monfortino. Trasladouse a unhas dependencias da Praza de España dende o ano 1948 ata que finalmente, en 1957 a comenzaría e xestarse a construcción da súa sede actual, que se materializaría en 1964.
Un dous feitos de maior relevancia, na historia recente do Casino, foi incluir o termo Ateneo na súa denominación para expresar os propósitos que definirían a súa labor:
aspiramos a que el cometido de distracción y esparcimiento que incumbre al Casino, se conjugue con aspectos de culturales de la mayor importancia… abierto siempre a cuanto signifique alientos artísticos y culturales. Reglamento del Casino Ateneo (1960).
A partir de ese momento a actividade cultural foi o denominador común da identidade do Ateneo, culminando este marcado perfil coa creación da Aula de Cultura no ano 1976, inscrita na Rede Nacional co número 18, froito dun convenio entre o Casino Ateneo de Monforte e a Dirección Xeral de Cultura Popular. Durante varios anos, levouse a cabo unha intensa axenda na que tiña cabida todo tipo de propostas como certamenes de poesía, exposicións de pintura, proxeccións cinematográficas; ademáis de cursos de longa duración de idiomas, música e artes plásticas. Outro aspecto destacable, ligado a esta etapa, son as importantes inversións que se fixeron no que a infraestructura se refire, das que é destacable a biblioteca e o salón de actos.
En definitiva, o Casino Ateneo, configurábase deste xeito como un centro de convivencia e difusión cultural de ampla base beneficiaria, desexando canalizar á poboación da comarca actividades en relación o seu entorno máis inmediato tentando acadar o desenvolvemento integral da mesma, baixo o pleno convencemento de que a dimensión económica e social non poden axenas a cultura, na súa concepción máis ampla.
Identidade e aspiracións. Visión de futuro
A asociación cultural “Casino Ateneo” ten como vocación ser un espazo aberto e dinámico, para todos os públicos, no que teñen cabida diferentes actividades culturais, de reflexión e de debate que responden os intereses e demandas dun público comprometido e interesado nos retos e desafíos do momento.
Por tanto, busca desenvolver a través dun carácter participativo, un labor social, cultural e didáctica coa comunidade, facilitando a proximidade desta coa cultura contemporánea. Os valores que caracterizan a súa actividade son: a apertura e o entusiasmo, a sensibilidade e a creatividade, a participación e o dinamismo, o compromiso coa sociedade, a educación e a cultura, a xestión responsable, a colaboración, a territorialidade e a transversalidade.
A xunta directiva
A Asociación Casino-Ateneo de Monforte está rexistrada no Rexistro Provincial de Asociacións co número 1966/00021-1ª.
A composición da xunta directiva actual é:
Presidenta: María Loreto González Cabanas, con DNI 34243490D
Vicepresidenta: María Aurora Azurmendi Villar, con DNI 03076011Z
Secretaria: María Ángeles González Cabanas, con DNI 34245169D
Tesoureira: María Aurora Azurmendi Villar, con DNI 03076011Z
Vogal: María Victoria Cermeño Reyes, con DNI 42742518P
Vogal: Walter de Wirt, con DNI X1798830T
Vogal: Salvador Sánchez Rivas, con DNI 37989683P
Vogal: Adelina Franco Losada, con DNI 34244223Y
Lucinda González Encinar, con DNI 34238158J
María Luisa Moure Figueiras, con DNI 34238924C
Francisco Javier Rey Quiroga, con DNI 50398826F
Severino Rodríguez Díaz, con DNI 34247855G
Centro cultural de referencia e de vangarda que ofrece actividades ao redor das artes plásticas, escénicas, música, literatura e cinema para fomentar a creación, difusión, comprensión e participación cidadá na cultura contemporánea.
Centro social que promove a superación persoal, a integración social e o traballo en equipo a través de proxectos e actividades de diferente natureza.
Centro de formación non regrada que dende diversos puntos de vista busca de fomentar a mellora das capacidades e a adquisición de ferramentas útiles para o desenvolvemento profesional e persoal, a través do coñecemento auténtico das diversas fontes da cultura, para unha mellor concepción do mundo e da vida.
Espazo de reflexión e debate sobre problemáticas sociais e ambientais, con especial atención aos colectivos desfavorecidos e ao terceiro sector, para crear redes e contribuír á articulación dun tecido social comprometido e responsable.
Plataforma de apoio e difusión do traballo de novos creadores a través de convocatorias abertas, que xorden da vontade por promover e proporcionar ferramentas de produción e difusión dos seus traballos.