O Ateneo Casino prestou, este pasado martes 18 de outubro, as súas instalacións ao voluntariado europeo do Camiño de Santiago, para unha actividade de inclusión e accesibilidade do corpo de voluntariado europeo dentro do programa XacobeAndo da Xunta de Galicia.

Cremos na Cultura como eixo vertebrador comunitario. Queremos levar o Casino ao século XXI converténdoo nun centro cultural de referencia en Monforte e a Terra de Lemos. Ofrecemos actividades ao redor das artes, a ciencia e a cultura en xeral. A nosa filosofía está atravesada pola transversalidade, a pluralidade e a integración.