Obradoiro infantil de construcións xigantes
Obradoiro infantil de construcións xigantes
Traemos ao Ateneo un taller para nenos e nenas, en colaboración con centro psicopedagóxico e de desenvolvemento infantil, Aula 10. No taller de construcións xigantes, os e as participantes poñerán a funcionar a súa creatividade e imaxinación para crear o seu propio minimundo! Trátase dunha actividade impartida pola cooperativa galega Donde viven los cuentos. É unha actividade adaptada a nenos e nenas con necesidades especiais.