O baile é un xeito moi ameno de coidar corpo e mente, movernos, coñecer xente… A partir de febreiro comeza o novo horario de clases de bailes latinos (merengue, salsa, bachata, chachacha…) e kizomba no Ateneo.
Os luns de 22:00 a 23:00 impartirase mix de bailes latinos. Os martes de 21:00 a 22:00 son para kizomba e de 22:00 a 23:00, para bachata.
Máis información no teléfono 648 435 033. Se tes interese en clases particulares ou noutro horario, tamén podes contactar connosco para ver posibilidades.