Cargando eventos

« Todos os eventos

  • Este evento pasou.

Radio Océano en concerto

Sábado, Decembro 4, 2021/ 10:00 p.m. - 11:00 p.m.

Anunciamos gran colofón final a #LP25anos!
Que mellor xeito para celebrar a vida e obra de Lois Pereiro que enchendo o Ateneo cos seu versos, cantados a todo volume polo mítico grupo de punk galego Radio Océano?!
Radio Océano, a banda que non quixo ir a Eurovisión en 1986, elixe o Ateneo Casino para inaugurar o seu Crowdfunding Indecente Tour, unha chiscadela ao Filthy Lucre Tour dos Sex Pistols.
O importe das entradas destinarase integramente aos custos de produción dun disco de novos temas da segunda etapa de Radio Océano.
Reserva a túa por whatsapp no 648 435 033 ou en ola@ateneocasino.gal
Segundo a entrada que elixas, levarás un caderno Lois Pereiro (5€), unha bolsa de tea (7€) ou ambas(10€).

Detalles

Data:
Sábado, Decembro 4, 2021
Hora:
10:00 p.m. - 11:00 p.m.
Categoría do Evento:
Evento Etiquetas:
, , ,

Cremos na Cultura como eixo vertebrador comunitario. Queremos levar o Casino ao século XXI converténdoo nun centro cultural de referencia en Monforte e a Terra de Lemos. Ofrecemos actividades ao redor das artes, a ciencia e a cultura en xeral. A nosa filosofía está atravesada pola transversalidade, a pluralidade e a integración.