Obradoiro ‘ImaxinaRío’ co fotógrafo Ramón Casanova

  Ramón Casanova, fotógrafo e docente da arte (no Institut d’Estudis Fotogràfics de Catalunya, no Grao de Artes Dixitais La Salle e no Departamento de Artes Visuais e Deseño da Universidade de Barcelona), ofrece dous talleres de acción visual na contorna do río Cabe. Taller 1. Imaxinar o río con cámaras autoconstruidas e calotipo Do 26 ó 29 de xullo. De 9:00 a 13:00. Taller 2. Imaxinar o río con fotografía sen cámara Do 2 ó 5 de agosto. De 10:00 a […]

Exposición de arte: Noemí Núñez

Exposición de cadros da artista Noemí Núñez (Lugo, 1987), en colaboración co FanCine de Lemos. As Presencias e criaturas da noite e dos soños invaden o noso Salón de Baile durante todo o mes de agosto. A exposición pódese visitar os luns, mércores e venres de 17:00 a 20:00h, e cando haxa eventos no Ateneo. Sobre Noemí Núñez Graduada en Belas Artes, con estudos en serigrafía, gravado e ilustración, complementa a súa formación cun máster en ilustración e animación audiovisual. Desenvolve […]

Presentación de libro: ‘Papel, piedra y Zobeira’

O escritor Juan Álvarez presenta no Ateneo a novela de misterio, Piedra, papel y Zobeira. Juan Álvarez, barcelonés afincado na Mancha, aproveita a súa visita a Galicia para facer unha pequena xira de presentacións desta a súa segunda novela. No acto participará Xosé Manuel Fernández (de Hermanager Producións), veciño monfortino e amigo do autor. Piedra, papel y Zobeira transcorre entre Calahorra (A Rioxa), Newark (EEUU) e Terras de Trives, onde o autor ten raíces familiares. A novela ten como protagonista […]

Presentación do poemario ‘El olor de las sombras’

O monfortino José Carlos López Valcárcel (Monforte de Lemos, 1971) presenta no Ateneo o seu segundo poemario, El olor de las sombras. Aínda que desempeña a profesión de garda civil dende 1994, José Carlos López escribiu poesía dende sempre. Nunca se atreveu a amosala ata que, no ano 2019, publicou o seu primeiro poemario, Humanidades desnudas. Despois chega El olor de las sombras, con 104 poemas de temática variada. José Carlos López define agora a poesía coma 'un Volaverunt, licencia poética que […]

Esgrafiados na Ribeira Sacra e o Camiño de Santiago

En colaboración con Agrasar, preséntase no Ateneo o libro Esgrafiados en la Ribeira Sacra y el Camino de Santiago, da investigadora Mar López Sotelo. O libro é froito dunha exhaustiva investigación rexistrando máis de 700 mostras desta técnica ornamental de fachadas e paredes. A autora vai unindo as pezas que permiten chegar á conclusión da existencia dun “estilo galego propio de esgrafiado”. O esgrafiado fai uso dunha técnica ornamental que consiste en decorar os enlucidos ou revestimentos das fachadas mediante incisións cun […]

Presentación de poemario: ‘De Visu, ese enigma inalcanzable’

Este venres 1 de outubro ás 20:30, o Ateneo acollerá un acto poético no que o escritor Juan Labaredas presentará o seu primeiro poemario, titulado De Visu, Ese enigma inalcanzable. Juan Labaredas, heterónimo de Juan Manuel Rodríguez Pérez, é natural de Sober aínda que actualmente é veciño de Monforte de Lemos. Lector voraz, escribe dende os 13 anos, aínda que sen chegar a publicar. Agora, baixo o selo Peruchela Edicións, saca á luz un poemario, unha colección de 'instantes apresados', […]

Proxección de ‘Ons’ e coloquio

O venres 5 de novembro, o Ateneo Casino de Monforte acollerá a proxección de Ons, un dos filmes galegos actuais de máis sona, gañador de nove galardóns Mestre Mateo en 2020. Tras a proxección, haberá un coloquio co director Alfonso Zarauza e a actriz Melania Cruz, moderado polo monfortino Iván Patiño. O evento comezará ás 20:15. O acceso é gratuíto, previa reserva no teléfono 648 435 033, preferiblemente por WhatsApp.

Charla: Xa somos Reserva da Biosfera… e agora?

Dende o mes de setembro a Ribeira Sacra e as Serras do Oribio e Courel forman unha nova Reserva da Biosfera da UNESCO. Que repercusións ten este recoñecemento para o noso territorio e a xente que vivimos nel? Disto falará Pablo Ramil, director do Instituto de Biodiversidade Agraria e Desenvolvemento Rural (IBADER) da Universidade de Santiago, organismo que colaborou coa Xunta e a Fundación Juana de Vega na elaboración da proposta que se presentou á UNESCO. O acceso é libre ata […]

Charla: De Proencia a Proendos

Coñece o pasado romano da parroquia de Proendos en Sober a través do relato de Fran Alonso, director do proxecto arqueolóxico Proencia. A charla acompañarase cun viño D.O. Ribeira Sacra da Adega Proencia. Participará o alcalde do Concello de Sober, Luis Fernández Guitián. Reserva praza no teléfono 648 435 033 (preferiblemente por WhatsApp).

Xornadas Lactouras

Os días 25 e 26 de novembro terán lugar as 'Xornadas Lactouras' no Ateneo, en colaboración coa asociación micolóxica Os Lactouros. O xoves 25, Jaime Blanco ofrecerá unha introdución á micoloxía. O venres 26, Julián Alonso falará das novidades na clasificación do xénero Boletus Fr. Ambas charlas comezarán ás 20:30. Haberá ademais unha exposición de cogumelos no noso Salón durante as xornadas. O sábado 27 organízase un xantar con cogomelos na Abadía de San Simón. As xornadas son gratuítas, coa […]

Campeonato de Chinchón

Campeonato de chinchón dende o venres 26 ao domingo 28 no Salón de Xogos do Ateneo. A partir das 18:30. Inscricións no teléfono 648 435 033

Teatro no Ateneo: O lazarillo do Miño

Os Pinchacarneiros adaptan a obra picaresca 'El Lazarillo de Tormes' e traen ao Lázaro ata o Miño para contar dun xeito particular a súa historia de vida, dende a súa mísera infancia ata a súa voda. Este espectáculo vén ao Ateneo grazas ao Circuíto de Teatro Afeccionado da Deputación de Lugo. A peza está codirixida por Esther Pedrouzo e Antonella Sturla. O grupo Os Pincharcarneiros naceu fai 15 anos en Lugo baixo o paraugas da Fundación Anade, adicada á inclusión sociolaboral […]

Cremos na Cultura como eixo vertebrador comunitario. Queremos levar o Casino ao século XXI converténdoo nun centro cultural de referencia en Monforte e a Terra de Lemos. Ofrecemos actividades ao redor das artes, a ciencia e a cultura en xeral. A nosa filosofía está atravesada pola transversalidade, a pluralidade e a integración.